Martes. 07.12.2021
El tiempo

Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo

Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo
Abel Lago cos rapaces do IES Fernando Blanco de Cee Abel Lago cos rapaces do IES Fernando Blanco de Cee

Chegou ao seu fin o Concurso de Murais de Azulexo Lar. 9 centros de ensino e mais as asociacións Apem de Cee e Integro de Cabana de Bergantiños, participaron nesta aposta pola formación práctica. Unha formación que fomenta a creatividade e o traballo en equipo, e que serve integrar a cultura, as artes plásticas e a educación empresarial no mundo do ensino. A intención de Lar é converter o azulexo nunha ferramenta para a educación, vinculándoa coa realidade.

Este venres tivo lugar a entrega dos premios, e alí estiveron os alumnos participantes dos IES Fernando Branco de Cee, IES Monteneme de Carballo, IES Agra de Raíces de Cee, IES Lamas de Castelo de Carnota, IES As Insuas de muros, IES Espiñeira de Boiro, IES Praia Barraña de Boiro, CEIP Manuela Rial Mouzo e Cee, CEIP Cabo da Area de Laxe, ademais de APEM e Íntegro. Pero antes de coñecer os resultados, damos un repaso completo.

Por fases

En primeiro lugar realizan un labor de investigación, neste caso, sobre os deportes náutico. Para iso organizáronse unha serie de charlas, coa colaboración de Quique Portela (ex adestrador nacional de piragüismo e ex árbitro internacional de augas bravas, actualmente director da escola de piragüismo de Dumbría) con Noemí Bermúdez directora da escola de Vela Carrumeiro de Corcubión, con Abel Lago (veciño de Lira varias veces campión do mundo e de España nas modalidades de Kite-surf e surf) e con Guillermo Carracedo campión de España de paddle surf.

Logo disto os rapaces mergúllanse en preparar os bocetos. Os profesores teñen unha parte moi importante aquí, xa que terán que axudalos a elixir o boceto definitivo. De aí, á formación práctica xa co azulexo.

Toca repartir responsabilidades e tarefas, fomentando o bo traballo en equipo. E a traballar, para entregar unha memoria ademais, en 3 idiomas, galego, castelán e inglés.

Os premios

Marcos de APEM tocou o piano Marcos de APEM tocou o piano

O xurado, formado por Antón Castro de Muxía, ex director do instituto Cervantes de Milán, actualmente profesor do centro, crítico de arte e comisario: Félix Quintero, enxeñeiro técnico industrial, ex director de Unión Fenosa na actualidade presidente do Club Náutico Carrumeiro de Corcubión; e Nacho Porto artista e ceramista, de Cornido, Carnota, foron os que escolleron os mellores premios, que se entregaron unha cita na que estivo Abel Lago e na que foi protagonista Marcos, o gran pianista de APEM:

  • 1º Premio, dotado con 300€: IES Monteneme de Carballo, co deporte representado "Salto".
  • 2º premio, dotado de 200€: IES Praia Barraña de Boiro, co deporte "Esquí".
  • 3º premio, dotado con 100€: CEIP Manuela Rial Mouzo de Cee, co deporte "Vela".
  • Premio á creatividade, dotado de 100€: IES Fernando Branco de Cee, co deporte "Surf".

As asociacións Apem e Integro recibirán unha dotación de 100€ cada unha como recoñecemento ao traballo realizado.

Expo de Murais en Lar

Novas relacionadas

Fonte

comentarios