Un novo santo para Pereiriña
05:52 02/11/16
Este pasado día de todos os santos tivo unha repercusión especial na Pereiriña. E non polo samaín, se non pola celebración do acto de entrega dun novo santo para a igrexa parroquial San Julián de Pereiriña.
No acto estiveron o sacerdote e parroco Reverendo Adelino Tuñez Vidal e a presidenta da Asociación de Veciños de Pereiriña Pilar Marina Montero Caamañola.
O San Silvestre xa loce na igrexa parroquial ceense.
Fonte
- Información e fotos de Rafa Quintáns.