Luns. 07.10.2024
El tiempo

Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro

Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro
Barco Pampin de Fisterra que encallou en Punta Finsin-Foto-Tyta Lema

Un barco pesqueiro, o Hermanos Pampín, do porto de Fisterra, encallaba esta mañá na Punta Finsín, xusto embaixo do cemiterio do Ézaro, entre o Concello de Dumbría e xa case o Concello de Cee. Así o vemos na foto e no vídeo que nos presta Tyta Lema, que coma outros veciños da zona se achegou ao lugar a ver o rescate.

A nova chegaba a Salvamento Marítimo Fisterra ás 7:39h que, tras unha chamada do pesqueiro Maresco 3, artellaba un dispositivo de rescate pensando sobre todo nos 5 tripulantes do barco. Ao lugar chegaron a embarcación Salvamar, o Helicóptero da Xunta, Protección Civil e tamén a embarcación Don Inda, pero afortudamente os 5 tripulantes foron quen de chegar a terra polos seus propios medios e non necesitan atención médica.

Nestes momentos, un equipo de especialistas mobilizados dende Fene están realizando unha operación de extracción de combustible que hai en el pesqueiro, para despois intentar retiralo a terra.

Así quedaba o Pampín tralas embestidas do mar esta mañá-Foto-Beto Castro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios