Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un selo de música adolescente con semente de Cee e froitos muradás

Un selo de música adolescente con semente de Cee e froitos muradás
As bravas de TeenRecords As bravas de TeenRecords Con agarimo e orgullo coñecemos esta semana un proxecto musiqueiro especial. Antía González, natural de Cee, vén de unirse ao proxecto Teen Records, un selo musical 100% galego pensado para sacar á rede bandas de adolescentes. Antía únese este ano ao proxecto que comezaba en 2015 Ana (Negreira), Noelia (Rois) e Esther (Ourense), como proxecto de Fin de Grao da Titulación de Comunicación Audiovisual e que continúa en forma de proxecto empresarial, coa axuda dunha subvención da Xunta do programa Iniciativa Xove. ”O noso proxecto ten como obxectivo ofrecerlles apoio e un espazo para medrar aos novos grupos de música galegos formados por adolescentes de entre 15 e 22 anos.”, explícanos Antía. “Este ano vimos de seleccionar a tres formacións e un solista para participar. Recibirán formación en comunicación, xestión de redes sociais, creación de identidade do grupo e tamén en produción musical, impartida por nós mesmas nunhas xornadas que celebraremos en Negreira”. Antía explica esa proposta de ampliar a formación e non só centrala no eido musical. “Como actualmente o mundo da música non só inclúe a parte musical, senón tamén a parte visual, de redes sociais, creación de marca, etc… decidimos facer un proxecto que sumase todo isto e crear a plataforma para impulsar a grupos de rapaces novos, que hai moitos e moi bos, e moitas veces por falta de apoios e visibilidade teñen que deixar de facer música. É importante traballar con eles a elaboración de contido audiovisual como sesións de fotos e entrevistas, para que teñan material de promoción”. Antia e Ana preparando unha formacion de TeenRecords coas bandas adolescentes 1 Antía e Ana preparando unha formación de TeenRecords coas bandas adolescentes  

2 bandas da Factoría Nasmo

Neste 2018 as bandas escollidas para levar adiante o proxecto son moi variadas, e coa particularidade é que dúas son de Muros. Lisdexia (aquí arriba) e The Rapants (aquí abaixo) son bandas da nova era indie-garaxe-rock-punk da factoría da Sala Nasmo, ese estudo que tanta cultura musical está fomentando na comarca muradá. Estes son The Rapants: https://www.youtube.com/watch?v=BIGZea66nTk Ese ano hai moita variedade entre os grupos escollidos e anunciados no instagram, pois os pontevedreses Quintarian Brass son un quinteto de metal que fai música clásica, mentres que o cuarto participante, Gersio é un rapeiro.

Festival #AMovidaFestFestival AMovidaFest 2018

O proxecto integral culminará coa celebración do festival #AMovidaFest, tamén en Negreira, no que participarán os grupos seleccionados este ano así como formacións que participaron en edicións anteriores. No 2016 participaron as bandas Stock e Marching Trees e no 2017 Particle, Treboada Rock e The Jankees. Despois das xornadas formativas organizador varios concertos e mesmo gravaron unha maqueta nun estudo profesional. “E foi moi boa a experiencia, os rapaces aprenderon moito, pasarono moi ben e entablaron relación entre eles. Uns eran de Cambados, outros de Pontevedra e outros de Ourense e fixéronse moi bos amigos”. O Festival #AMovidaFest vai ser o 15-16 de setembro, cos 4 grupos protagonistas, ademais dos doutras bandas de edicións anteriores e outros como Treboada, Particle e Froján, un solista. Un Festival moi completo, pois tamén haberá charlas e relatorios con xente que leva tempo no mundo da música. Ademais, haberá o “Espazo Emerxe” no que novos creadores poden presentar os seus traballos, como ilustradoras…

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/comezan-os-dias-de-veran-con-lisdexia/ https://quepasanacosta.gal/a-bisicleta-outro-hit-da-factoria-salanasmo/ https://quepasanacosta.gal/anakrusa-unha-banda-ceense-na-conquista-do-festival-nacional-musicaula-2015/

Comentarios