Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un único paraugas para APEM e Aspadex polos dereitos das persoas con discapacidade

Un único paraugas para APEM e Aspadex polos dereitos das persoas con discapacidade
APEM e Aspadex baixo un mesmo paraugas APEM e Aspadex baixo un mesmo paraugas Se por Laxe tocaba mesa redonda, as asociacións APEM e ASPADEX celebraron o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (o 3 de decembro) cunha concentración en Cee. Fixérono dunha forma moi orixinal, xuntando un bo número de persoas na Praza 8 de Marzo de Cee, "todos baixo o mesmo paraguas". As persoas con discapacidade foron as principais protagonistas do acto organizado en Cee, redactando as reivindicacións e expoñéndoas ao público alí presente mediante a lectura do manifesto, dunha poesía e das frases finais nas que deixaron claro as súas necesidades e abrigo como queren que a sociedade os vexa.

A accesibilidad, eixe central das reivindicacións das persoas con discapacidade

Este ano o Día Internacional da Discapacidade, coincidiu co fin do prazo legal (4 de decembro) para que todos os edificios públicos e privados fosen accesibles, polo que as reivindicacións han ir principalmente nesta liña. A accesibilidade é un dereito fundamental para as persoas con calquera tipo de discapacidade, e pode presentarse de diferentes formas. Non hai accesibilidade si as persoas en cadeira de rodas atópanse cun bordillo alto, si unha persoa xorda vai ao cine e non hai subtítulos, si unha persoa con discapacidade intelectual non pode reencher un documento porque é difícil de entender. Recalcouse a importancia de que se leven a cabo proxectos de accesibilidade universal, que teñan en conta todas as discapacidades. Non só son necesarias rampas e elevadores para superar os desniveles, senón tamén sinalizar edificios e itinerarios, mellorar a iluminación, uso da lectura fácil, presenza de intérpretes de lingua de signos, creación de planos de planta en relevo. Logo da lectura do manifesto e das demandas relacionadas coa accesibilidade, deuse a coñecer a Asociación Ataxia da Costa da Morte, de recente creación. En representación da mesma, Rogelio Antelo, explicou brevemente en que consiste esta enfermidade e a necesidade de unirse para que se coñeza e lévense a cabo accións que permitan minimizar os efectos da mesma. Tomas de Aspadex Tomás, de Aspadex, lendo o manifesto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios