Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha alumna de Cee gaña o primeiro premio de fotografía do concurso 'Pola Igualdade 2018'

Este concurso artístico está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia co obxectivo de concienciar ao alumnado da ESO das desigualdades existentes entre os distintos xéneros, así como promover a reflexión e a promoción da igualdade en calquera dos ámbitos da vida.

igualdade3
Isabel Touriñán Canosa
Unha alumna de Cee gaña o primeiro premio de fotografía do concurso 'Pola Igualdade 2018'

A alumna do IES Agra de Raíces de Cee, Isabel Touriñán Canosa, vén de recibir o 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018", pola fotografía titulada "Aghua de mel".

A entrega do premio tivo lugar esta semana en Santiago de Compostela. Este concurso artístico, difundido a todos os centros de Educación Secundaria, está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia. O obxectivo do concurso é concienciar ao alumnado da ESO das desigualdades existentes entre os distintos xéneros e promover a reflexión e a promoción da igualdade en calqueira dos ámbitos da vida.

Comentarios