Unha fin de semana romántica á vela na ría de Corcubión


A oferta turística para esta fin de semana dos namorados preséntase moi interesante na Costa da Morte. Unha das propostas máis singulares é a que nos envía María Alcalde, a responsable dunha nova empresa de actividades turísticas na zona. Chámase "Lecer Activo", e dende a comarca de Fisterra tratará de achegar a fin do mundo a toda a península.
De feito, unha das primeiras propostas de "Lecer Activo" chega da man de dúas das máis activas empresas da zona, como son o Hotel Insua é Cataventos Escola de Vela. Moi positiva esta cooperación empresarial para a bisbarra pois mellora a nosa oferta turística a todos os niveis e o nivel de atención ao visitante. E para comezar nesta nova cooperación, comezamos polo día dos namorados por esta terra cargada de romanticismo e de lendas misteriosas.
A oferta, válida do 11 ao 14 de febreiro, inclúe un paseo en parella nun romántico veleiro que combina a velocidade dun veleiro de regata coa comodidade dun cruceiro. A cea corre a cargo do Hotel Insua, aosí como a encantadora habitación do hotel ceense.
Máis información
- Hotel Insua.
- Hotel Insua: 981 747 575 · E-mail: [email protected] / [email protected].
Novas relacionadas
- En marcha a Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
- Un fácil paseo en kaiak pola ría de Corcubión .
- Un crucero ao solpor de Fisterra .
- Peregrinando en 4×4 ata a fin do mundo.
- Entrevista con Ricardo Darriba: “Hai unha nova xeración no sector hostaleiro da Costa da Morte”.
Fonte
- Nota de prensa de María Alcalde, de Lecer Activo.