Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Peregrinando en 4x4 ata a fin do mundo

Peregrinando en 4x4 ata a fin do mundo
Se esta fin de semana vestes pasar unha cuadrilla de todoterreos polos camiños da bisbarra, vestes ben. Esta pasada ponte de Tódolos Santos os membros do Club Iberutas 4x4 traían os seus vehículos para coñecer o lado máis salvaxe da Costa da Morte. Organizados pola empresa de Turismo Alternativo Meigalicia, unha ducia de coches e 33 persoas (entre eles 4 pequenos e un bebé) coñecían a bisbarra de norte a sur, percorrendo camiños de vacas... A primeira etapa percorreou os montes da zona do Anllóns, atravesando os concellos de Ponteceso, Cabana Laxe e chegando ata Zas. O sábado realizaron unha auténtica peregrinación polo Camiño ata o cabo do mundo, ruta que deu nome a aventura completa como "Travesia a Finisterre". E a 3ª ruta, a do luns foi polos territorios de Dumbría e Zas. Polo camiño ata tiveron tempo para recoller a Tita, unha pequena cadela de caza que estaba perdida. A expedición achegou a Tita ata a iniciativa Salvalcadelos, e por fortuna xa apareceu a súa familia. E por se fóra pouco, aproveitando a expedición montañesa recolleron unha morea de cogumelos compaxinando outra das rutas que organiza a entidade como é a da Procura do Cogumelo. O Hotel Insua de Cee, un dos que acollía a expedición co Hotel Playa de Laxe , preparou os cogumelos con agarimo para que o degustaran na cea do domingo.

Invertindo na Costa

Son estas unhas grandes visitas para a bisbarra. Son xentes de alto nivel económico, parellas en xeral de entre 40 e 55 anos que chegan coa súa familia para disfrutar da natureza da bisbarra. Tamén hai algún mozo que ronda os 30 que bota de menos que se apunten mulleres solteiras a estas aventuras. Pero teñen unha cousa en común: visitan a Costa e o fan sen escatimar, repercutindo directamente na zona. Segundo nos conta a responsable de Meigalicia Estefanía Fernández, en 3 días o equipo empregou preto dos 10.000€ entre aloxamentos, ceas, seguros, gasoliña, compras varias como artesanía...

En xaneiro, Ruta en Hummer

Si, si, a entidade ten organizada para febreiro do 2011 unha ruta pola Costa da Morte, especial, única e exclusiva para Hummer!!! A chegada será en febreiro á Casa O Xastre de Anos e Casa de Verdes, onde os recibirán cunha cea de benvida. O sábado desenvolverase a Ruta circular entre Ponteceso e Zas. E para o domingo quedará unha Ruta de mañá en Laxe.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios