![O caudal do río Grande estivo a piques de sobrepasar a ponte de Baio. Imaxe: Manuel Barreira]()
O caudal do río Grande estivo a piques de sobrepasar a ponte de Baio. Imaxe: Manuel Barreira
Case sen tempo a repoñernos do
primeiro temporal do ano, ducias de comercios, baixos comercias e garaxes da Costa da Morte sufriron na pasada noite importantes inundacións despois da tromba de auga que tivo lugar, principalmente,
entre as doce e as catro da madrugada.
"Cando chegamos ao negocio había unha altura de 80 cm de auga", informan os
bombeiros de Cee sobre unha interveción que tiveron que facer ás 01:48 horas no lugar de
Treos, en Vimianzo. Alí, inundouse o baixo dun comercio polo que sufriu importantes danos na mercadoría almacenada. Ante esta situación, os veciños actuaron coa súa propia maquinaria para facer un rego que impedise a entrada de máis auga no local.
![Por segunda vez en menos dunha semana o paseo fluvial de Baio quedou completamente inundado]()
Por segunda vez en menos dunha semana o paseo fluvial de Baio quedou inundado. Imaxe: M.B.
![Varios baixos comerciais de Baio quedaron anegados debido as fortes choivas da noite. Imaxe: M.B.]()
Varios baixos comerciais de Baio quedaron anegados debido as fortes choivas da noite. Imaxe: M.B.
Os baixos comerciais situados na parroquia vimiancesa de
A Piroga e en
Baio - Zas - sufriron tamén importantes inunciacións polo que esta mañá a estampa máis habitual era a dos comerciantes achicando a auga. Coincidindo coas horas de preamar, o río Grande ao seu paso por Baio e A Piroga desbordouse chegando o seu caudal ata marcas históricas. Ainda así, as intensas choivas caídas durante durante a noite non superaron ás que caeran unha víspera de Reis de
mediados dos anos 80 cando o río superou a ponte provocando importantes inundacións na vila e o corte do tráfico durante horas.
![A carretera de Vimianzo a Camariñas quedou completamenta anegada. Imaxe: Paula Mouzo]()
A carretera de Vimianzo a Camariñas quedou completamenta anegada. Imaxe: Paula Mouzo
Unha situación similar viviuse en Vimianzo onde o río chegou ata os garaxes máis próximos.
"Sete coches que quedaron totalmente inundados" aseguran os veciños dun do edificio máis afectados pola enchenta, o Hermanos Pereira, situado na rúa Tras do Muíño. A auga chegou a cubrir case por completo os
2,50 metros de altura aproximada que ten o sótano.
![Sete coches quedaron complemente inundados no garaxe dun edificio en Vimianzo]()
Sete coches quedaron complemente inundados no garaxe dun edificio en Vimianzo. Imaxe: L.S.
Protección Civil de
Carballo rexistrou varias incidencias durante a pasada madrugada. Así, no nº 23 da Cesta, en
Ardaña, inundouse unha vivenda, aínda que non foi necesario evacuar aos seus habitantes grazas á rápida intervención dos bombeiros, que coa axuda de bombas conseguiron retirar a agua con moita celeridade. Na e
strada DP-1914 entre Carballo e Santiago, á altura de Taboada en Entrecruces, houbo un desbordamento dos regos e foi necesario colocar a sinalización correpondente. En Canosa-Rus, en Pontenova e Braña de Erbecedo tamén se cortou a estrada, neste caso a DP-1912, polo desbordamento do río Grande, aínda que pronto quedou restablecido o tráfico. En
Pexo, parroquia de Rus, tamén foi necesario cortar a estrada, neste caso a DP-1911; e a DP-1902 está sinalizada con balizas á altura do rego de Seoane en dirección a Razo.
Previsión para a fin de semana
Segundo indican desde
4gotas.com chega unha infuencia anticiclónica que provocará unha melloría no tempo entre mañá e o sábado.
O domingo e o luns volven as chuvias a toda a Costa da Morte. Aínda que semella que o resto da segunda quincena do mes de xaneiro será bastante seca.
![O río desbordouse tamén ao seu paso entre Seroñáns e Torelo]()
O río desbordouse tamén ao seu paso entre Seroñáns e Torelo
Estrada anegada
![A estrada de Trasufre e Bustelo]()
A estrada de Trasufre e Bustelo inúndase mesmo cando non chove
Denuncia hoxe un veciño, Martín Canosa, que a estrada entre Trasufre e Bustelo “leva mais de 25 anos de total abandono e cando chove leva máis de 15 cm de auga por encima e non está nunha zona inundable”. Considera que “coa limpeza de cunetas xa se podría pasar a arranxala”.
Dez días de choivas intensas
Os meteorólogos de
4gotas.com indican que a situación non é alarmante nin pola intensidade das choivas nin pola frecuencia das mesmas.
"Podese dicir que nos 10 primeiros días do mes choveu máis que en todo novembro e decembro e que neses 10 días choveu bastante máis do que acostuma a chover en todo o mes de xaneiro. De feito, se contamos a chuvia de onte e desta madrugada, nos primeiros 14 días do mes choveu máis ou menos o doble do que acostuma a chover nun mes de xaneiro.
Non é algo que sexa a primeira vez que ocorre, pero si que deixa ben as claras a cantidade de auga que caeu nestes comezo do ano", indican dende
4gotas.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)