Unha saraibada fugaz provoca un novo accidente na AC-552

20:45 16/02/11
Corrían as 19:30h da tarde deste mércores 16 de febreiro de 2011, cando unha saraibada fugaz paralizou a vila de Cee. Foron apenas un par de minutos pero dunha intensidade brutal, que produxo diferentes estragos materiais e, sobre todo, moito perigo nas estradas.
De feito, os últimos 4 quilómetros de comarcal AC-500 antes de chegar a Cee tinguíronse de branco. Ata un coche sufriu un accidente aínda no termo municipal de Dumbría e quedou volcado no medio da estrada. De feito o accidente tivo lugar no km.81, o mesmo punto negro do accidente do 31 de xaneiro e do pasado 3 de decembro de 2010.
Novas relacionadas
- Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.
- 31-01-11: Novo accidente na comarcal AC-552 a altura de Dumbría.
- 03-12-10: Varios accidentes colapsan a comarcal AC-552 ao seu paso por Dumbría.
- 24-11-10: Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Raquel Veira.