Luns. 01.06.2020
El tiempo

Unha Xornada de convivencia e seguridade cos peques de Brens

Unha Xornada de convivencia e seguridade cos peques de Brens
Os pequenos BomOs pequenos Bombeiros de BNrens Os pequenos Bombeiros de Brens Que ben o pasan os nenos cando hai visita no cole. Este xoves 14 de xuño, varios membros de Protección Civil de Cee, de 061 Urxencias Sanitarias, Policía Local e do colectivo Pasacank9 realizaron unha intensa visita ao CEIP Igrexa de Brens, en Cee. Unha cita que contou coa colaboración de Ambuibérica e da ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias). Cunha completísima exposición de medios, os xa heroes fixeron unhas impresionantes exhibicións cos cans de rescate e os dous TES do 061. Ademais aprendéronlles técnicas de Reanimación Cardiopulmonar ós nenos. Á cita acodiron nerviosos e contentos 27 [email protected] de 3 a 8 anos do cole anfitrión, pero tampouco quixeron faltar 13 [email protected] de 3 a 5 anos da E.E.I. Pereiriña nin 19 [email protected] de 5 anos do CEIP Eugenio López. Foi así unha fantástica xornada de convivencia que lembrarán todos os nenos durante semanas. Juan M Trillo no Cole de Brens Juan Manuel Trillo, presidente da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, no Cole de Brens Pasacan no CEIP Igrexa de Brens Os Cans de rescate fixeron as delicias dos peques do CEIP Igrexa de Brens

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/rescate-a-fin-do-curso-no-campamento-de-estorde/ https://quepasanacosta.gal/hippy-axuda-aos-peques-da-garderia-de-cee-a-perderlle-o-medo-aos-cans/

Fonte

comentarios