Unión Cidadá amenaza con presentarse ás Xerais
Convocaba a semana pasada o novo grupo de Unión Cidadá a unha reunión a todos os partidos para asinar un documento reivindicativo. Pero parece que a reacción do 3 grandes partidos non está a ser a esperada polo voceiro Víctor Somozas, que denuncia que “o BNG autonómico, PP provincial e PSOE provincial de A Coruña non está sendo tan positiva a por en coñecemento das agrupacións locais da Costa da Morte o documento que lles transmitimos mediante burofax o pasado día 6 de abril”.
Queda así no limbo esa reunión comarcal de alcaldables de todas as cores que quería celebrar o vindeiro 18 de abril, se ben quere insistir e pídelle aos candidatos da zona que “sexan autónomos e non ser meros títeres dos seus partidos”.
Ademais, UC avisa: “Se non existe un compromiso unánime por todas esas forzas para velar polos intereses da comarca e dos cidadáns nestes días, faremos una reunión de urxencia para modificar os estatutos do partido e presentarnos nas vindeiras eleccións xerais e autonómicas pola provincia de A Coruña para velar polos intereses da Costa da Morte e o resto de cidadáns da provincia de A Coruña”.
Novas relacionadas
- Unión Cidadá propón a todos os partidos asinar un manifesto reivindicativo pola Costa da Morte.
- Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- Unión Cidadá atribúese a idea do Centro de Día.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
Fonte
- Nota de prensa de Unión Cidadá.