Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee


Canta falta facía. A verdade é que toda a comarca de Fisterra necesitaba unha infraestrutura cultural de certa magnitude. E malia que a algún se lle escapase a regla ao marcar a dimensión (tremendamente esaxerada nos tempos que corren), toda a zona seguro que dará uso á Casa da Cultura de Cee e a ese auditorio con aforo para 500 persoas. Tras 18 anos de historia e 3 millóns de €, a CCC era inaugurada o pasado venres, e toda a plana política do PP non faltou á cita. Como para perder unha foto tan sabrosa en plena campaña electoral.
Dirixindo a comitiva política chegaba, escoltada por unha marea de coches policiais, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, a pesar de que o seu goberno apenas realizou dúas achegas no ano 2010 de 150.000€ durante todo o proceso de construción. Tamén estivo Diego Calvo, presidente dunha Deputación, unha entidade que si que sufragou boa parte dos fondos necesarios dende o primeiro ata o último día.
Durante a inauguración, non houbo tempo para que falase algún activo cultural do Concello, (se ben si que actuaron a Banda de Música de Cee e a Coral Polifónica Neria de Cee), pero si para que o cura bendecise o edificio.

De benvida, manifestación

E ademais de cultura, tocaba falar de infraestruturas, pero de comunicación. E para recordarllo, máis dun centenar de veciños recibírono con pancartas, convocados polo activo Foro Costa da Morte, e tamén polo BNG comarcal, que critica duramente o aproveitamento electoral. E o fixeron para pedir que a necesaria vía chegue ata Cee, unha vez que o polémico novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
Aló estaban moitos veciños cabreados a título persoal, membros do BNG ou da CIG ou mesmo do comité de empresa de Ferroatlántica, entonando cánticos como “Onde están, non se ven, os postos de traballo do PP”, ou “Menos propaganda, máis postos de traballo”.
De prazos na Autovía
Anunciaba Feijoo, coma se fose novidade, que os 27 km do treito norte da Autovía entre Carballo e Baio estará en servizo en 2016, algo que xa sabemos dende hai case 6 meses. E algo que sorprendeu foi á posible posta en servizo dunha circunvalación de Cee e ao porto comercial de Brens.
A verdadeira inauguración
Foi o sábado, e con cultura de verdade, cando a Casa da Cultura de Cee quedou verdadeiramente inaugurada. E foron, por obrigación, os membros da compañía local Talía Teatro os encargados de estrear o auditorio, e dicir as primeiras verbas dende o escenario. Os Toño Casais, Arturi Trillo, Dani Trillo e María Ordróñez, si que abriron o telón por primeira vez.
Ademais, a cita dominical foi tremendamente emotiva. No marco do programa cultural trimestral, eran os propios veciños os protagonistas. Aló subiron ao escenario as xentes de Terra de Sena de Cee, de Fumes do Cal de Ameixenda, da SCD de Brens, das Pedras Miúdas de Lires, e cos Grupos de Pandeireteiras de Pereiriña, Gures, Toba, Brens e do Cenntro Social, ademais do grupo Petaforte da Pereiriña.
Así, ademais da Biblioteca, a pleno rendemento dende o pasado mes, a instalacións acollen na sala de exposicións a mostra do XI Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado da Deputación. E a pesar de todo, nós pedimos unha Longa vida a esta, tan necesaria, infraestrutura cultural comarcal.
A historia da CCC, nova a nova
- Un repaso, de primeira man, aos 18 anos de historia e 3 millóns de € da CCC.
- A Casa da Cultura de Cee xa ten programa de actividades para os vindeiros 4 meses.
- 09-03-15: A Casa da Cultura de Cee xa ten programa de actividades para os vindeiros 4 meses.
- 20-02-15: A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios.
- 31-10-14: A eterna última achega para a Casa da Cultura de Cee.
- 22-09-14: A Casa da Cultura de Cee estará lista por Nadal.
- 14-08-14: “Espero que nuns meses poidamos gozar da Casa da Cultura de Cee”.
- 07-07-14: 348 butacas para a casa da cultura de Cee.
- 05-11-13: Ogando realizará as obras da posta en funcionamento da Casa da Cultura de Cee.
- A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee.
- 26-03-13: A Casa da Cultura de Cee abrirá a medias.
- 15-02-13: O último impulso á Casa da Cultura de Cee?.
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 25-03-11: A Casa da Cultura de Cee abre por fin as súas portas.
- 07-09-10: Última partida para a Casa da Cultura de Cee.
- 13-01-2009: Cee emprega o Fondo Estatal na Casa da Cultura e nas parroquias.
- 30-09-08: O Ministerio dá un novo impulso á Casa da Cultura de Cee.
- 18-08-07: A Casa da Cultura de Cee rematarase no 2009.
- 12-09-07: A Deputación axudará para a finalización da Casa da Cultura de Cee.
Novas da Autovía
- 22-12-14: O BNG pide que a Autovía chegue a Cee.
- 09-12-15: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 27-11-14: Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?.
- 20-11-14: O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía.
- 12-11-14: A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte.
- 06-11-14: É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 21-10-14: O novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
- 16-10-14: As obras da Autovía non comezarán ata finais de 2014 e rematarán en outrubro de 2016.
- 29-09-14: Feijoo ratifica na súa visita a Camariñas que as obras da autovía se retomarán de forma inmediata.
- 24-09-14: O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía.
- 01-09-14: Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte (e moitas máis…).
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).