Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee
11:10 15/04/16
Folga dos trabaladores da piscina no Concello de Cee-Foto-Manuel Cobas
Comezaban a folga a semana pasada, e este xoves 14 de abril, os traballadores da piscina municipal de Cee eran arroupados por un centenar de usuarios e membros da UGT.
Se cadra, os convocantes esperaban algo máis de convocatoria, tendo en conta que, ademais dos 13 traballadores, hai case un millar de usuarios activos, afectados directamente polo peche das instalacións.
A mobilización saía da piscina e remataba diante das dependencias do Concello, pois dende o sindicato consideran que o asuntodebe ser resolto dende alí, unha vez que falamos dun servizo público. Un representante municipal asegurou que o xoves que vén darán posibles solucións ao problema.
A día de hoxe, os traballadores seguen sen recibir os seus soldos por parte da directiva de Aquacenit, concesionaria da xestión da piscina, contra a que se manifesta.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/593916310757548/videos/597694870379692/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Manifestantes de UGT pola piscina de Cee-Foto-Manuel Cobas
Novas relacionadas
- 06-04-16: Os traballadores da Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).