mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha vaga de roubos na zona do Hospital de Cee fai saltar as alarmas

Aparcamento de Urxencias do Hospital de Cee
Unha vaga de roubos na zona do Hospital de Cee fai saltar as alarmas

14 roubos levan sufrido a veciñanza de Cee, os usuarios da piscina e os pacientes do Hospital Virxe da Xunqueira nos últimos dous meses. Os aparcamentos de Urxencias do centro hospitalario, diante da piscina, e do paseo marítimo son obxecto dos amigos do alleo, que cunha pedra, rompen o cristal e entran para conseguir calquera cousa de valor.

Unha situación que se dá nunha vila sen Policía Local e no marco das mobilizacións do sector sanitario en contra das agresións.

Mentres uns apuntan á falta de efectivos da Policía Local (cómpre lembrar que a partir de certas horas os efectivos da Garda Civil moitas veces teñen que vir dende Noia ou Carballo), outros lamentan a inacción da Xerencia Sanitaria, unha vez que as cámaras de seguridade da porta de Urxencias están “deshabilitadas”, supostamente por collía moita parte da vía pública. “Unha contradicción con todo o movemento que está habendo no marco das manifestacións do “Stop agresións”, entenden algúns profesionais, que teñen aínda moi presentes as agresións acontecidas as pasadas semanas en Urxencias do CHUAC ou no Centro de Saúde de Muxía.

Lembran tamén que vivimos nunha vila onde pasan algunhas cousas de película que non se adoitan contar, como deixar ciscado ás portas de Urxencias a unha persoa que recibiu unha malleira e saír pitando, con apenas un só Garda de Seguridade, que polo de pronto, e á espera de que Xerencia Sanitaria amplíe as medidas de seguridade prometidas.

Máis novas relacionadas

Comentarios