Varios centros de Carballo e Cee xa poden descargar coa APP AbalarMóbil
Segue medrando o Proxecto Abalar en Galicia. Un proxecto que permite aprender da man das novas tecnoloxías, que xa temos comprobado o ben que funciona no cole dos Muíños. Hoxe imos ata 4 centros educativos de Carballo (os IES Monte Neme e Alfredo Brañas e dos CEIP A Cristina e Fogar de Carballo) e mais ao IES Fernando Blanco de Cee, a descargarnos unha aplicación móbil.
A APP abalarMóbil xa está dispoñible en Google store e en iTunes. Así, os pais e nais poderán seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar, dunha forma rápida e cómoda a través dos seus dispositivos móbiles.
As familias que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, as incidencias creadas polo profesorado así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo e modificar o idioma da aplicación.
Novas relacionadas
- Aprendendo coas novas tecnoloxías.
- Os pais e nais dos alumnos dos Muíños tamén poden Abalar coas novas tecnoloxías.
Fonte
- Xunta.