Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Veleno en familia”, a novela coa que Rocío Leira gaña o segundo premio do Certame Vilar Ponte

“Veleno en familia”, a novela coa que Rocío Leira gaña o segundo premio do Certame Vilar Ponte
Rocio Leira gana o segundo premio do Premio de Novela VIlar Ponte de Viveiro Rocio Leira gaña o segundo premio do Premio de Novela VIlar Ponte de Viveiro

Non falla. Esta muller é unha especialista en arrasar con todo o premio que se cruce no seu camiño. Desta volta vén de saber que o Concello de Vivieiro acaba de outorgarlle o 2º Premio do I Certame de Novela Vilar Ponte. Por diante quedou o escritor Adolfo Caamaño Vázquez, coa obra “Matar o heroe”.

p>

Leira leva un premio de 1.000€ por “Veleno en familia”, unha obra representa unha radiografía da sociedade galega actual, e da que o xurado destacou o dinamismo narrativo proporcionado pola polifonía de voces corais que ofrecen distintas interpretacións dunha mesma realidade, ademais da excelente recompilación de fraseoloxia da linguaxe popular perfectamente contextualizada, así como a analise da situación especifica das mulleres.

A entrega vai ter lugar este venres no Teatro Pastor Diaz, e dende Viveiro agardan que a escritora ceesa poida acodir a recibilo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/rocio-leira-gana-o-certame-de-poesia-mujeres-silenciadas-argentina-rubiera-de-langreo/ Fonte

Comentarios