Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Volve o verán cultural de Cee con moita música e moito teatro

á escena cee
Volve o verán cultural de Cee con moita música e moito teatro

Este verán en Cee seguirá sendo sendo sinónimo de cultura e aínda máis, cultura con seguridade. O teatro, a música, as artes escénicas en xeral, teñen cabida nun amplo e ambicioso programa que xa desde mediados deste mes e ata finais de agosto, está a abrir un amplo abano de posibilidades culturais e de ocio para todos. Nun momento coma este, cómpre facer un chamamento á responsabilidade como cidadáns para extremar as medidas tanto de distanciamento social como hixiénicas e de seguridade fronte a Covid-19. É por iso que todas as actividades a realizar contarán con aforo limitado polo que é moi aconsellable este ano mercar o bono, no caso da VI Mostra das Artes Escénicas do Concello de Cee, Ä EsCEEna!, ou reservar entrada para as demáis actividades. Será loxicamente obrigatorio o uso de máscara e demáis medidas hixiénicas pola Covid-19.

Deste xeito, o Concello prepara a VI Semana de teatro e das Artes Escénicas, que comezará o vindeiro 17 de agosto. As funcións darán comezo ás 21:30 horas e a taquilla estará aberta unha hora antes. A xornada de actuacións estará composta por  Prods. Teatrais Alakrán: Finisterrae, o último ultramarinos (17 de agosto), Píscore: Concerto singular (19 de agosto), Teatro do Noroeste: As virxes salvaxe(21 de agosto), Ibuprofeno Teatro: O mel non caduca (23 de agosto), Butaca Zero : Despois das ondas (25 de agosto) e Rebumbio Prods.: Cinema e música (27 de agosto).

Os bonos de entrada xeral, dispoñibles na Casa da Cutlura de Cee, serán de 25 € polas 6 funcións, e de 15 € para pensionistas, estudantes e desempregados. Tamén é posible comprar a entrada individual para cada actuación. O uso de máscara será obrigatorio, ademais das medidas hixiénico-sanitarias pola Covid-19 e o aforo será limitado.

Por outro lado, o Concello tamén ten preparado todo un programa de actuacións diarias na Praza de Otero Lastres que comeza o vindeiro xoves 30 de xullo:

  • Xoves 30 xullo. 12.30 horasAITOR GARUZ: O autoestopista intergaláctico. (Show de ciencia ficción).
  • Sábado 1 agosto. ROCÍO LEIRA, Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018), estará na  Praza Otero Lastres ás 20.30 horas con Veleno en familia. Ese mesmo día, ás 21:00 horas, tamén haberá o concerto BLACK: Voces de mulleres, un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra.

  • Domingo 2 agosto. 21.00 horas, concerto de FRIK&PALDIS: Os Piñeiros 

  • Luns 3 agosto. 12.30 horas. Espectáculo musical de MARIA FALTRI e JORGE JUNCAL: Soñando inventei
  • Martes 4 agosto. 12.30 horas. BAOBAB TEATRO: Contos con Roque
  • Mércores 5 agosto. 12.30 horas. ARTURO COBAS: Nono
  • Xoves 6 agosto. 12.30 horas. Recital de poesía de ALDAOLADO: Po e Xía. Un Aldaolado para xente miúda.
  • Venres 7 agosto. 12.30 horas. Espectáculo de danza con MARTA ALONSO: Baila un vestido verde. Posteriormente, ás 21.00 horas, haberá o FESTIVAL DIVERSIDARTE NO RURAL con ENTRELAS (Coro a capela) e RICARDO PRADO (Danza inclusiva).
  • Sábado 8 agosto. 21.00 horas, Concerto de SUSANA MARTINEZ: Universal Love
  • Domingo 9 agosto.  21.00 horas. Concerto folk da man de PALOMA SUANZES: Son
  • Luns 10 agosto.  21.00 horas. Concerto de  PEPE VAAMONDE TRIO
  • Martes 11 agosto. 21.00 horas. Concerto do DÚO CAAMAÑO-AMEIXEIRAS
  • Mércores 12 agosto. 12.30 horas, TALIA TEATRO representará no Auditorio da Casa da Cultura a obra Lambetadas. Posteriormnete, ás 21:00 horas, haberá o concerto de SOUL&ROLL na Praza Otero Lastres.

Por outra banda, tamén estarán dispoñibles ata finais de agosto na Casa da Cultura as exposicións “Domingo de Andrade, un arquitecto universal”, realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego e “Domingo Antonio de Andrade (1639-1712): de Cee a Compostela, vida e obra dun xenio”, que conmemoran a este ceense homenaxeado neste ano pola Real academoa Galega de Belas Artes.

Por último, nos meses de agosto e setembro, Talía Teatro e o Concello de Cee van a ofertar un Obradoiro de artes escénicas cun total de 5 grupos cun número máximo de 12 persoas. Estes grupos distribuiranse entre infantil e grupo de adultos e contará cun taller de interpretación e monográficos. A inscripción realizarase no segundo andar da Casa da Cultura ata o 31 de xullo.

Comentarios