150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión

Recuperar o servizo de atención médica, e amosar o seu rexeitamento ante o posible peche, foron as dúas premisas da concentración convocada onte pola CIG diante da Oficina do ISM de Corcubión.

Uns 150 profesionais do mar non fltaron á protesta a pesar do mal tempo, para protestar contra un asunto que atinxe a profesionais dos concellos de Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Carnota e Malpica. Son arredor dos 1.400 profesionais os que “que agora teñen que desprazarse até a Coruña co conseguinte gasto económico e a perda de tempo que lles impide saír ao mar a faenar", advirte Xabier Santos, responsábel da Unión Local da CIG de Cee.

A día de hoxe xa se está producindo unha saturación nos centros da Coruña, onde non dan cita ata 2021, provocando que algúns mariñeiros non poidan saír a traballar.

A CIG alerta da intención do Consello Xeral do ISM de “reestructuración do sector” e da intención de “centralizar o servizo na Coruña” se pretendia centralizar o servizo na Coruña. Así mesmo, a CIG lembrou que a anterior reestruturación, en 2009, “o PSOE acabou por pechar as oficinas espalladas pola Costa da Morte”.

NOVAS SOBRE O ISM