Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM

Reunion da Subdelegada do
Imaxe da reunión da Subdelegada en Corcubión
Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM

A pasada semana os alcaldes/as socialistas da comarca mantiñan unha reunión coa Subdelegada do Goberno para tratar a polémica xurdida sobre os recortes na oficina do Instituto Social da Mariña de Corcubión. Se ben a Subdelegada lles aseguraba que non había plans de pechar a oficina nin de privatizar o servizo, como si que lle dixera aos representantes da CIG un día antes, corroborou que o goberno central non ía cubrir a baixa de médico ata a súa reincorporación no mes de decembro.

Unha das solucións que propuñan os alcaldes/as costeir@s era a de manter o servizo 2-3 días á semana. Unha alternativa que semella insuficiente para a CIG. A central sindical considera “sorprendente e incomprensíbel a falta de contundencia e de presión por parte dos alcaldes do PSOE para forzar a que a dirección do ISM e a subdelegada se comprometan a levar a cabo con urxencia a cobertura da praza do médico da oficina de Corcubión”.

Reestruturación

A subdelegada recoñeceu a intención de reestruturar o ISM. A CIG lembra que a última reestruturación foi executa polo goberno socialista no ano 2009 e supuxo o peche das oficinas de Laxe e Muxía e tamén se prevía o peche da oficina de Fisterra.

Mobilizacións

Ante esta situación a CIG abordará co persoal afectado as medidas a desenvolver sen descartar a convocatoria de mobilizacións.

Novas sobre o ISM

Comentarios