Martes. 16.04.2024
El tiempo

O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as

ISM de Corcubion
ISM de Corcubión
O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as

A falta de médico, dende hai case 3 meses, do Instituto Social da Mariña de Corcubión convírtese, cada vez, nun problema maior. A día de hoxe, os profesionais do mar que están chamando no ISM da Coruña para o recoñecemento médico obrigatorio, están obtendo cita para o ano que vén, segundo denuncia a CIG.

Ter o recoñecemento médico actualizado é un requisito obrigatorio para poder traballar, polo que os/as mariñeiros/as a quen lle caduca non poderán saír faenar, xa que Capitanía Marítima non lles deixará embarcar até que o ISM lle volva facer a revisión.

Diante esta situación “insostíbel”, a CIG esixe do Ministerio de Seguridade Social que cubra de inmediato a praza de Corcubión. "O que non pode ser é que por unha cuestión puramente de aforro nun servizo público, os mariñeiros e as mariñeiras non poida saír traballar e se lles condene á miseria e a ver reducidas as súas pensións para quen está a piques de xubilarse", denuncia un Manuel Camiño, secretario comarcal da FGAMT-CIG da Coruña, que lembra que a responsable mesmo deixou entrever a intención de pechar o centro para ir a unha privatización destes servizos.

A central sindical non desbota mobilizacións.

Novas sobre o ISM

Comentarios