Xoves. 12.12.2019
El tiempo

4 concellos da zona segues axudando a proxectos de cooperación no hemisferio Sur

4 concellos da zona segues axudando a proxectos de cooperación no hemisferio Sur
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad

Os Concellos de Malpica, Carballo, Corcubión e Laxe son un dos membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Un Fondo que destina 100.000 euros a proxectos dos axentes galegos de cooperación no Sur, e que vén de abriur o prazo a ONGD, sindicatos, universidades e demais entidades do tecido solidario galego para presentar as súas iniciativas para países empobrecidos ata o 30 de xuño.

A asociación de concellos e deputacións cofinanciará distintas intervencións vinculadas ao eido local. Iso si, só se financiará un por cada entidade, ata o 80% do custo total e cun límite de 30.000 euros, quedando excluídas aquelas que recibiron achegas en 2013 e as que non teñan un mínimo de dous anos de experiencia no país e no sector de actuación.

Os proxectos executaranse en países cun índice de desenvolvemento humano (IDH) medio ou baixo, priorizando os menos adiantados (PMA). Terán preferencia ademais as intervencións en Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú -zonas tradicionalmente vinculadas á cooperación realizada polo Fondo Galego-, e mais nos países lusófonos. Tamén os países prioritarios segundo o III Plan Director da Cooperación Galega, incluído Haití e os territorios saharauís. As propostas deberán incluír unha actividade de sensibilización en Galicia.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Malpica.

Comentarios