Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Os Penedos fálanlle aos amantes do sendeirismo

Os Penedos fálanlle aos amantes do sendeirismo

Unha das visitas que debería ser das obrigadas cando se chega á Costa da Morte é a da única Paisaxe Protexida da Costa da Morte. É un lugar insólito, un lugar diferente, onde as pedras falan contigo, din cousas, exprésanse en formas antromofórmicas irreais, como unha Barca, unha Dama, un dinosaurio-parrulo, un oso... Son os incribles Penedos de Traba e Pasarela.

Ata aló foron 50 sendeiristas vimianceses da man da 3ª ruta artellada polo Concello, tras coñecer Camariñas e o río Grande.
Onte, antes de saír cara aló puideron disfrutar dos interiores da finca do Pazo de Trasariz, outro dos Bens de Interese Cultural da bisbarra que nunca abren as portas. Carlos Cabana, familiar do propietario, e Pablo Sanmartin, nos explicasen as características da arquitectónica da edificación do século XVII. Tamén tivemos a ocasión de visitar as cuadras, o hórreo e a capela.

Foi o propio Alcalde vimiancés o que presentou este inicio da ruta destacando a importancia dos Penedos, así como a necesidade de potencialos e protexelos.
Ó longo do percorrido os sendeiristas tiveron ocasión de admirar as curiosas formas das pedras que se atopan na zona da canteira de de Pena Forcada. Pablo Sanmartín, desentrañou a historia de puntos de gran interese do percorrido así como das pedras coas formas máis simbólicas da paisaxe: o Cantante, a Aguia ou Multiforme, o Camello , o Indio, a Dama, o Oso, o Dinosaurio ou Parrulo, a Barca,...

O bo tempo acompañou e así os participantes da andaina puideron disfrutar da mestura perfecta entre cultura, coa esencia dos Pendos de Pasarela declarados Paisaxe Protexido, e deporte cos 22 km de ruta que realizaron.

Novas relacionadas

Máis nova

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo da man de Víctor Santos.

Comentarios