A Deputación prantexa dende a diáspora a unión de Concellos


Intentando achegarnos á diáspora, trataremos de achegar novas emigrantes a QPC. E a primeira que nos chega é a visita institucional do Presidente da Deputación Diego Calvo á recén estreada sede da Sociedad de Corcubión en Bos Aires.
Calvo visitaba a chamada 4ª cidade galega para achegarse aos centros coruñeses de Arxentina. Así, visitou as asociacións Ayuntamiento de Hijos de Zas, Unión de Residentes del Ayuntamiento de Curtis e o Centro Betanzos, cos que asinou diferentes convenios de colaboración económica.
Pola tarde, a cita máis esperada era a visita á Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, que recibira máis de 35.000€ para a remodelación da sede. O presidente da entidade Carlos Ameijeiras (ao que o noso colaborador Manuel Suárez Suárez adicaba o su último artigo) amosou as novas instalacións e valorou moi positivamente a visita.
Pola súa banda, Calvo explicou "a necesidade de estar aquí para decatarse de todo o que estes colectivos fan, moitas veces con poucos cartos". Así, escoitou as peticións dos galegos na diáspora, que non son outras que "que non nos esquezan".
A pregunta da sesión foi o posible agrupamento dalgún dos 98 concellos da provincia, como xa avisara o pasado mes de decembro de 2010. "Sobre o papel coincidimos en que son demasiados, pero cando hai que dar o paso aparecen os problemas". Un xeito de abrir o debate en todo o país dende a diáspora.
Artigos relacionados
- Lonxe de Montevideo: “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Que pasou na Costa: As terras fisterrás no século XVIII: un espazo pouco humanizado.
Novas relacionadas
- Unha de cada catro persoas da Costa da Morte vive fóra.
- A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión.