Venres. 18.10.2019
El tiempo

A Operación Orquesta continúa en marcha

A Operación Orquesta continúa en marcha

Este pasado venres 1 de xullo de 2011, os Concellos de Corcubión e de Muxía recibía a visita dos investigadores da Operación Orquesta. Os axentes buscaban un par de expedientes de contratación de obras por parte do Concello á empresa Ogando, a máis implicada na Operación.

I é que a empresa muxiá desenvolveu varias obras no Concello de Corcubión, moitas baixo a subvención da Deputación, como foron a Adecuación do Campo do Rollo (130.000€); Ascensor e accesibilidade do Pavillón (86.000€); Pavimentación, Saneamento e enerxía eléctrica da Rúa de Quenxe (75.000€) e Axardinamento (95.000€). Precisamente esta última foi contratada cos fondos do Plan E e sen publicidade, á que se presentaron dúas empresas afíns para asegurar que haia quorum, pero que non intentan facerse co contrato, Casal e Tuñas, tamén implicadas na trama.

Dende o Concello aseguran que se trata dun procedimento "normal" unha vez que a empresa está sendo investigada xudicialmente, pero lembraron que no concello corcubionés non hai imputados.

Unha de conversas

Xa transcribimos aquí unhas das conversas entre Ogando cun responsable do Concello de Corcubión, na que o empresario amenaza ao Concello de deixar de pagar o mantemento dos xardíns do concello “dado que nadie le paga y no le han adjudicado ninguna obra”, según a Policía. I é que segundo parece, Ogando facía os traballos de xardinería no Concello corcubionés sen custe algún para logo asegurar contratos máis grandes.

Estas semanas intenaremos recuperar o sumario e seguir traendo conversas.

Nova relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios