APTCM mantén a oficina de turismo de Corcubión


Un novo convenio coa Deputación da Coruña permite que a Asociación Profesional del Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) manteña este ano a oficina de turismo que ten aberna no cárcere vello de Corcubión. Así, este importante Punto de Información e Coordinación Turística da Costa da Morte continúa vivo.
Así o asinaron este pasado luns 11 de abril o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o seu homólogo da APTCM Manuel L. Pan Collazo, coa Xerente Anabel Piñeiro.
A Deputación da Coruña destinará 60.000 euros para os gastos de persoal e material de oficina, así como para financiar as accións de promoción, comercialización, coordinación e formación que desenvolverá o novo centro.
Entre estas accións destacan o impulso e difusión da central de reservas, o reforzo da presenza en feiras de turismo, a promoción de políticas de cooperación, a atracción de eventos lúdicos, culturais e deportivos que atraian a visitantes, o impulso ás novas tecnoloxías, ou as accións de formación tendentes a mellorar a profesionalidade dos promotores turísticos locais.
Novas relacionadas
- O Congreso MODELO reivindica novas Autopistas de comunicación.
- A Costa da Morte na televisión de Castilla e León.
- Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- A APCTM dedicou o recoñecemento da HGG-agatex aos “heroicos empresarios da Costa”.
Fonte
- Diputacion.