A APCTM dedicou o recoñecemento da HGG-agatex aos “heroicos empresarios da Costa”

A Asociación de Profesionais do Sectir Tutístico da Costa da Morte (APTCM) recibiu o segundo premio da revista Hostelería Galega, Gastronomia e Turismo-Agaxet na categoría de Conservación e Promoción do Patrimonio. A entidade tivo un duro rival, como era o Ministerio de Fomento. A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, celebrada en Pontevedra, foi un dos eventos do sector máis relevantes do país e a nosa bisbarra estaba presente.
E non, o Ministro José Blanco non recolleu o premio polo Parador de Muxía. Fíxoo polo seu traballo de conservación, e o recoñecemento colleu de sorpresa ao mesmo Blanco, que non contaba recibir o galardón. Foi o mesmo Superpiñeiro o que entregou o diploma a Pan.
Precisamente un dos momentos máis emotivos da Gala protagonizounos o presidente da entidade costeira, Manuel Pan. Pan adicou a distinción "ós heroicos empresarios que cada día abren as portas dos seus establecementos na Costa da Morte", facendo clara alusión a todos os socios culpables de que a APTCM siga levando o nome da Costa da Morte por todo o mundo.
Pan non esqueceu aos Voluntarios que axundaron a conservar o territorio e como tampoco olvidou ao mesmísimo Man, facendo unha denuncia pública da situación de abandono no Museo do Alemán de Camelle.
De viaxe polo mediterráneo
De feito, as responsables da APTCM, Anabel Piñeiro e Tania Carreira, percorren estes días zonas como as de Murcia e Alacante. Visita tras visita, as profesionais levan coñecendo Axencias e ofrecendo a posibilidade de preparar paquetes para achegar xente á nosa Costa.
Novas relacionadas
- A APTCM, nominada aos premios HG&T-Agaxet por conservar e promocionar o noso patrimonio.
- A Fundación Man prepara un Manifesto.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico.
- Fam Press: Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- APTCM crea iniciativas en tempada baixa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Casa de Trillo de Muxía.