As pequenas bravas Xaviñanas volven con premio do prestixioso Concurso de Música Tradicional Xiradela

07:55 10/04/17

Novo premio que traen para a comarca as Xaviñanas, as novas pandereteiras da Universidade Popular de Corcubión. Veñen de gañar o 2º Premio na categoría B do XVIII Concurso de Música Tradicional A.X. Xiradela, celebrado en Arteixo, un dos máis importantes do país.
As mozas costeiras, de entre 11 e 13 anos, acadaron o segundo premio coa interpretación da peza Serán de Barciademera.

As Xaviñanas, que collen o relevo daquelas bravas mulleres que cantaron e tocaron para Alan Lomax polos anos 50.
Aquí vos deixamos con elas no Luar:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).