Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Os avogados e procuradores de oficio dos Xulgados de Corcubión defenden o servizo público de asistencia xurídica obrigatoria

Avogados e procuradores de oficio en folga nos Xulgados de Corcubion
Avogados e procuradores do turno de oficio en folga nos Xulgados de Corcubión
Os avogados e procuradores de oficio dos Xulgados de Corcubión defenden o servizo público de asistencia xurídica obrigatoria

Pouco se fala da crise do servizo de asistencia obrigatoria dos avogados e procuradores de oficio. A súa precaria situación laboral e o afán privatizador da Xunta fai perigrar e, sobre todo, precariza, un sistema tan público e necesario como o da sanidade ou a educación.

Esta situación de precariedade total destes profesionais (están obrigados a prestar o servizo, é dicir, dar apoio xurídico a persoas con menos recursos, tendo que sufragar, como autonóm@s, gastos como o desprazamento, sen cotizar, e cobrando en concepto de indemnización, non de soldo) fai que leven en folga estatal dende o pasado mes de novembro. Fanse chamar “os últimos escravos de Europa”, en relación ao que se trata dun traballo ao que se forzados a exercer só pola súa condición de colexiados.

O caso concreto dos Xulgados de Corcubión é paradigmático. Os profesionais seguen mantendo a folga masiva, pero a resposta da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia e do Colexio de Avogados da Coruña (o que elixe os destinos dos avogados e procuradores de oficio) está provocando un claro rexeitamento.
”Aacordaron manter o devandito servizo cos tres letrados que non se uniron á solicitude de desistencia e con outro letrado, adscrito ao partido xudicial de Muros, en lugar de, ante a falta de avogados, cursar a alta obrigatoria a quenda oficial de todos os membros do partido xudicial”, lamentan os profesionais.

Unha decisión que “supón un claro incumprimento polo Colexio de Avogados da súa obriga de garantir que os cidadáns sen medios económicos reciben un correcto servizo de xustiza gratuíto, beneficiándose con ela, non só aos membros non pertencentes ao Turno á impoñer a súa alta no dito servizo, tal e como esixe a lei, pero tamén aos tres avogados que non apoiaron aos seus compañeiros nas súas xustas reivindicacións”. “Ese comportamento por parte do Colexio da Coruña, que é o único Colexio de España amosa irresponsabilidade en canto ao servizo e á seguridade xurídica dos solicitantes de asistencia xurídica gratuita“.

Así avogados e procuradores do Xulgado de Corcubión seguen secundando as mobilizacións e este mércores 12 de xuño fixeron unha concentración na porta, co apoio do Sindicato Venia.

Máis información

Comentarios