Baile, corais e moito deporte no Nadal corcubionés

08:32 14/12/10

O Concello de Corcubión prepara un nadal no que as asociacións son básicas. O sábado 18 a Casa da Cultura acollerá o Festival de Baile Nerio, e a Universidade Popular fará o obradoiro de decoración navideña.
E para o domingo 19, toca Festival de Corais da man do Coro de Airiños de Quenxe.
A partir de aí o deporte toma o relevo. Frontenis, baloncesto, tenis de mesa... e así ata que os Reis aparezan.
Novas relacionadas
- O Concello de Corcubión ponse mans á obra co Mercado Medieval.
- O Soliloquio de Susana Alvite: Limpando conciencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).