A Capela do Pilar abre por Semana Santa cunha exposición de modelismo naval de Juan Carlos Caamaño
- Fran Contreras presenta a súa Guía Máxica do Camiño este venres na Capela
Tesouros de madeira son os que fai Juan Carlos Caamaño Alonso, (Sutton, 1972) seguindo a afección pola madeira do seu finado pai Pepe do Raio. Así, esta Semana Santa, as súas creacións serán as protagonistas na reapertura da Capela do Pilar de Corcubión.
Hai unha boa serie de maquetas de barcos entre as que se atopan réplicas como o María das Mercedes ou o Beagle, ademais de varios balandros, iates ou botes de vela. Moita xente pídelle tamén os famosos Carrumeiros coma os do pai e tamén as senllas artesanais de toda a vida.
Do 9 ao 18 de abril, as persoas que desexen visitar a exposición de Modelismo Naval poderán facelo nas datas indicadas en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20 horas todos os días.
Presentación
Así mesmo, este venres 8 de abril a parir das 19:00h, a propia Capela do Pilar de Corcubión acolle a presentación do libro Guía máxica do Camiño de Santiago, do recoñecido xornalista Fran Contreras.