Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os totems primitivos de Guillermo Lago Lourido volven a casa

Os totems primitivos de Guillermo Lago Lourido volven a casa
GUILLERMO Lourido

Moita madeira hai ultimamente en Corcubión. Xa temos falado da volta do oficio de carpinteiro á vila de San Marcos (e pronto seguiremos dando constancia de como se van aferrando á realidade tecnolóxica costeira). Hoxe, no canto de vir de inmigrantes culturais, vimos de ida e volta.

Pouco recoñecido no seu Corcubión natal, o artista Guillermo Lago Lourido é toda unha figura pública en Asturias, onde reside dende hai moitos anos. Alí expón continuamente, pinta, restaura… e crea, crea estas figuras de madeira tan primitivas, tan africanas.

Unha destas pezas visita por primeira vez Corcubión e xa se pode ver na Taberna O Ribeiro. Como o define lacasanegrasoto, son pezas “rotundas e claras”, cos troncos anclados ao chan, como se fosen medrar.

Poden pasar velo xa pola vila corcubionesa!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios