Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carballo e Corcubión avanzaron a participación costeira na Manifestación Nacional de solidariedade con Palestina do 6 de outubro

Concentración Palestina Corcubion 16-9-24
Carballo e Corcubión avanzaron a participación costeira na Manifestación Nacional de solidariedade con Palestina do 6 de outubro

Este luns 16 de setembro, a Praza Castelao de Corcubión e a Praza do Concello de Carballo volveron ser epicentro da loita contra o xenocidio do pobo palestino. 

Os grupos do BNG secundaron a convocatoria a nivel galego das organizacións Mar de Lumes, Galiza por Palestina e Asociación Galaico-Árabe Jenin, e desenvolveron sendas concentracións en solidariedade co pobo palestino, na que se volveu a denunciar o xenocidio sionista indiscriminado contra a poboación palestina por parte do Estado de Israel.

Deuse lectura a un manifesto no que se rexeitou a agresión israelí que leva provocado máis de 40.000 mortos, cunha violencia criminal que agora tamén se estende a Xerusalén Leste e Cisxordania, coa complicidade dunha comunidade internacional que permite impunemente o xenocidio.

No acto reiterouse o chamamento para a convocatoria de Manifestación Nacional de solidariedade con Palestina, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro en Compostela.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by BNG Carballo (@bngcarballo)

Comentarios