Carballo e Corcubión volven este luns á rúa por Palestina

08:13 31/05/25
O luns 2 de xuño volverá a celebrarse unha concentración de apopio a Palestina en ducias de cidades galega. Está mobilización enmárcase na campaña de concentracións, convocadas pola CGSP, que se veñen producindo en múltiples localidades galegas no último ano e medio, para denunciar o xenocidio e a ocupación israelí en Palestina.
Entre elas non faltarán Carballo e Corcubión. En Carballo será na Praza do Concello as 20:00h, mentres que na vila de SAn Marcos será na Praza Castelao ás 20h, e apoiada polo BNG Costa da Morte.