Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Carballo e Corcubión, sen Muros, lideran a loita contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais

Carballo e Corcubión, sen Muros, lideran a loita contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais
Alcaldes contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais

Mentres seguimos sen novas de Muros sobre este asunto tan importante, os Concellos de Corcubión e Carballo están a ser dos máis activos na loita contra o desmantelamento dos Partidos Xudicias que propón o goberno central do Partido Popular. Onte, o Concello carballés convocaba a todos os alcaldes da provincia con partido xudicial, sen contar os das grandes cidades, Ferrol, Santiago e A Coruña. Estos son Corcubión, Ordes, Betanzos, Ortigueira, Arzúa, Muros, Negreira, Noia, Padrón e Ribeira. Todos quedarán eliminados, excepto o da capital provincial, se vai adiante o anteproxecto de Lei de Gallardón.

Acodiron á cita o corcubionés Francisco Javier Lema, Chisco; José Luís García, de Arzúa; Ramón García Vázquez, de Betanzos; Manuel Regos, de Ordes; facendo de anfitrión o alcalde carballés Evencio Ferrero. Faltou, como dicimos, a participación muradá, gobernada polo PSOE e que nestas últimas datas non se ten pronunciado como cando se presentara o anteproxecto, no 2012.

Entre todos, acordaron a elaboración dun manifesto e unha moción compartida para reclamar o mantemento dos partidos xudiciais da provincia, respectando as especiais características de Galicia en materia de dispersión xeográfica e mobilidade que consideran que ignora o anteproxecto. O texto remitirase aos concellos da Coruña que contan con partido xudicial co obxecto de que a moción sexa aprobada nos plenos e se implique así a todos os veciños de veciñas.

A idea de que o proxecto lastimará non só aos concellos, nin ten que ver cos partidos, se non a afectada é toda a cidadanía é o gran argumento na súa contra, obrigando aos veciños a percorrer 100 km para acceder á Xustiza, deixando así o seu carácter de accesible, como está a ocurrir cos conceptos universal e gratuita, por mor doutras leis aprobadas por este goberno.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios