Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cascudas e dípteros amargan o comezo da temporada de calor á veciñanza de Carnota e Corcubión

Diptero-Foto-Noa Taboas
A fotógrafa Noa Táboas cazou un díptero nas Rías Baixas que pode ser o mesmo que aparece pola Costa da Morte
Cascudas e dípteros amargan o comezo da temporada de calor á veciñanza de Carnota e Corcubión

O comezo da temporada de calor está traendo certas pragas. A veciñanza de Corcubión e Carnotá están sufrindo a chegada destes visitantes non invitados.

Por Corcubión xa van varias semanas nas que moitas casas sofren a chegada de pequenos mosquitos. Segundo o biólogo Pablo Rodríguez podería tratarse dun quironómido, dípteros parecidos a mosquitos, pero con varias diferenzas. A máis importante (para nós) é a ausencia de aparato picador (succionan savia). Soen ter antenas plumosas, que os distinguen tamén moi ben dos mosquitos. Teñen ciclos de vida moi curtos, especialmente os adultos como estes, e emerxen en enxames moi numerosos (non como os mosquitos) nestas datas, cando vai calor, humidade, e non moito sol”.

Asegura que “poden chegar a ser plaga cando saen en grandes enxames porque os seus excrementos poden danar a pintura das paredes, e ao morrer forman montóns que se descompoñen”. En todo caso, “nuns días desaparecerán e todos tan contentos”, apunta.

Dipteros invadindo Corcubion
Así aparecen as casas por Corcubión estas semanas

Cascudas en Lariño

Cascudas en Carnota

Por Lariño sofren a invasión das cascudas. O Concello xa ten contratado unha empresa especializada de fumigacións, pero as cascudas seguen facendo das noites a sáu festa.

A solución non é doada e os tratamentos levan meses, polo que ata dende a oposición apuran ao gurpo de goberno a apurar.

Comentarios