A choiva tampouco frea a concentración corcubionesa por Palestina
09 de xullo de 2024 (07:42 h.)
A choiva non foi quen de frear unha nova mobilización en apoio ao pobo palestino e en contra do xenocidio sionista. Convocados polas organizacións Mar de Lumes, Galiza por Palestina, BDS Galiza e Asociación Galaico-Árabe Jenin, a veciñanza de Corcubión e Cee, co apoio do BNG, realizou este luns outra concentración na Praza Castelao de Corcubión.
Douse lectura a un manifesto denunciando o xenocidio de Israel en Gaza durante xa 9 meses, e exixindo o fin da ocupación israelí en Palestina, así como o dereito do pobo palestino a ser un Estado libre e soberano.
Máis novas