Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Corcubión e o BNG non faltou á súa cita con Palestina

Concentracion Palestina en Corcubion
Corcubión e o BNG non faltou á súa cita con Palestina
Non faltou a veciñanza de Corcubión, e nomeadamente membros do BNG da comarca, á súa cita coa concentración dos luns en solidariedade co pobo palestino. A Praza Castelao de Corcubión volvía lembrar as arengas contra o xenocidio nunha das 20 concentracións realizadas en todo o país convocadas polas entidades Galiza por Palestina, Mar de Lumes, BDS Galiza e Asociación Galaico Árabe Jenin, e apoiada polo BNG Costa da Morte

Deuse lectura a un comunicado condenando o asasinato de máis de 37 mil persoas, das cales 17 mil eran crianzas. E reivindicando un Estado palestino desde o río Xordán ata o Mar Mediterráneo, para o cal é necesario a renuncia de Israel á ocupación e ao recoñecemento dos dereitos do pobo palestino.

Comentarios