Corcubión lanzou un novo SOS polo asasinato de 35.000 palestinos

07:43 21/05/24
Corcubión volveu acoller este luns 20 de maio, unha nova concentración de apoio a Palestina. Convocada por varias asociacións de solidariedade con Palestina (Mar de Lumes, BDS Boicot a Israel, Galiza por Palestina e Asociación Galaico-Árabe Jenin), e apoiada polo BNG Costa da Morte.
No acto denunciouse a ocupación israelí en Palestina e o asasinato de 35.000 persoas, das cales 17.000 son crianzas. E douse lectura a un comunicado das organizacións convocantes na que se esixíu:
- O recoñecemento inmediato do Estado Palestino.
- A ruptura de relacións con Israel e o fin do comercio de armas.
- Que os responsábeis políticos e militares do xenocidio sexan perseguidos, xulgados e condenados.
- Xustiza e reparación para o pobo palestino.