Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O pobo volveu saír á rúa de Corcubión para parar o "xenocidio" do ”facismo sionista” co pobo palestino

Concentracion en Corcubion por Palestina
O pobo volveu saír á rúa de Corcubión para parar o "xenocidio" do ”facismo sionista” co pobo palestino

Un luns máis, e xa xan 7, o pobo da comarca de Fisterra concentrouse en Corcubión nunha nova mostra de apoio ao pobo palestino. Unha nova mostra de rexeitamento ao “xenocidio” que practica este outono de 2023 o ”facismo sionista”, que forma parte da serie de concentracións que se desenvolven en todo o país convocadas polos colectivos Galiza por Palestina, Mar de Lumes, BDS Boicot a Israel e Asociación Galaico Árabe Jenin.

O manifesto deste día 60 da invasión israelí lamentou a volta aos bombardeos contra a poboación civil de maneira indiscriminada despois da tregua.

”Por iso continuamos nas rúas. Porque alén do boicote, que é o máis inmediato que podemos facer, coas nosas propias mans, necesitamos facer a nosa parte para obrigar quen nos goberna a promover políticas de sancións e desinvestimentos e abandonar a equidistancia e a parsimonia”.

O manifesto volve “denunciar a Unión Europea, que xa non se fotografa máis do lado de Netanyahu, mais que, de acordo cos lobbies sionistas que se teñen feito fortes nas principais potencias imperialistas, continúa a invocar o dereito do agresor á defensa e se limita a pedir proporcionalidade”. E a pesar das palabras de Pedro Sánchez, os colectivos denuncian tamén “o Estado español, que pretende mostrarse independente a través das calculadas palabras de Pedro Sánchez ao mesmo tempo que asina novos contratos militares con Elbit Systems, unha das máis poderosas empresas do complexo militar israelita, e das mais manchadas de sangue”.

Critican tamén o silencio do goberno e “os concellos galegos que se manteñen dentro da rede de xudarías que Israel emprega para inocular propaganda sionista; ou os que, como o de Vigo, impiden sequera que se debata unha declaración institucional para condenar o xenocidio”.

Por todo isto animan á mobilización, para consegur que os gobernantes “se movan dunha vez. Que deixen a falsa e calculada lamentación dos discursos e que actúen claramente contra o agresor. Todos os acordos con Israel, coas súas empresas e coas súas institucións manchadas de sangue palestino, deben ser deitados ao lixo”.

”O Estado palestino debe ser recoñecido inmediatamente, facendo valer o dereito de autodeterminación dos pobos”, esixen con rotundidade.

Máis novas

Comentarios