Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COGAMI asesora en materia de accesibilidade universal a varios concellos da comarca

Sintura entre COGAMI e Concello Corcubión
O conselleiro delegado de Galega de Economía Social (GES) e COGAMI, Ramón Sestayo, e o alcalde de Corcubión, Manuel Insua
COGAMI asesora en materia de accesibilidade universal a varios concellos da comarca

Corcubión e Muros son dous dos Concellos aos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) asesorará en accesibilidade universal e sostibilidade. A entidade faino a través dun proxecto financiado polo Fondos Social Europeo, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional de concellos de menos de 35.000 habitantes.

Deste xeito, un equipo técnico traballará cos concellos en materias concretas como a xestión de residuos, o coidado de espazos verdes, a accesibilidade universal, así como a comunicación e sensibilización nestes mesmos eidos.

Este servizo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), desenvolverase en tres fases: a primeira, coa realización de entrevistas en profundidade co persoal técnico dos concellos, a segundo coa elaboración dun informe co diagnóstico da situación no termo municipal respecto das áreas de actuación do proxecto, para finalizar cunha proposta de mellora de boas prácticas axustadas ás posibilidades do concello.

Comentarios