Comezan as actividades deportivas municipais en Corcubión

14:42 05/10/20
Este luns 5 de outubro dan comezo, seguindo os protocolos, as actividades deportivas sen contacto no Concello de Corcubión, segundo informa o Servicio de Deportes.
O plan ten varias posibilidades, a meirande parte no pavillón polideportivo:
- Escola de Patinaxe Artístico infantil da man da C.P.A. Costa da Morte. Luns e Mércores.
- Escola Náutica, da man do C.M.Carrumeiro: Disfrute de actividades relacionadas co mar,vela lixeira, kayak, etc. Desenvolveranse durante os sábados no peirao de Corcubión.
- Queimagraxas: Programas colectivos de entrenamento funcional pra mellora da condición física global, que inclúe a mellora das capacidades condicionais e coordinativas. Martes e Xoves de 20:00h a 21:00h.
- Pilates: Exercicios que axudan a mellorar a tonificación dos músculos a través dunha sucesións de movementos fluídos. Luns e Mércores de 21:10h a 22:10h.
O Servizo informa de que tamén se poderá facer uso do ximnasio municipal, con cintas de andar, elípticas, remo, bicicletas e máquinas multipesas.
As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tlf:981 745400.