Completa remodelación de urbanización do porto de Corcubión

09:27 17/02/11

Urbanizando o porto
O proxecto prantexa a urbanización de 5.500 metros cadrados de superficie portuaria, coa creación de viais, aparcadoiros, parcelas delimitadas e beirarrúas, coa finalidade de mellorar a ordenación e aproveitamento do porto. Para este fin, será necesario levantar os pavimentos actuais e uniformizar o tipo de firme para a zona de acceso, que se pavimentará con adoquín, así como o das zonas de traballo, na que se empregará formigón. Ademais dotarase ao porto da conexión co saneamento e realizaranse as canalizacións para futuras instalacións. Finalmente crearase unha nova rampla para a baixada de pequenas embarcacións.Novo edificio
En canto a actuación principal, a construción do edificio de departamentos, será un inmoble de 46 metros de longo e 12 de ancho. Habilitaranse nel 20 estancias para usuarios de planta baixa e altiño, cunha superficie de 44 metros cadrados cada unha. Todos os departamentos dispoñen de aseos e subministro de auga e electricidade axeitados ás necesidades dos usuarios.Dotación formativa
O presidente de Portos de Galicia aproveitou tamén a viaxe a Corcubión para visitar a recén rematada obra da aula de formación náutica do porto e anunciar a súa entrada en funcionamento. Esta dotación, de case 100 metros cadrados de superficie, terá un carácter polivalente, que permita impartir as diversas disciplinas náuticas e pesqueiras. A aula de formación está pensada para 30 persoas e consta de iluminación bilateral. Dispón dun aleiro sobre os ocos situados con orientación sur, para evitar a radiación solar directa. Entre os avances arquitectónicos que incorpora, cóntanse tamén a cuberta plana e autoprotexida.Novas relacionadas
- Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.
- En marcha a nova aula de formación náutica no porto de Corcubión.
- Por fin se pon en marcha o novo Centro de Saúde de Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.