Mércores. 08.04.2020
El tiempo

Por fin se pon en marcha o novo Centro de Saúde de Fisterra

Por fin se pon en marcha o novo Centro de Saúde de Fisterra
A comitiva da Xunta no porto fisterrán - Foto: Marcos Rodríguez Moito tivo que loitar a vila de Fisterra para que se renove o Centro de Saúde. Xa van máis de 1 ano de protestas, e por fin, semella que a construción do novo edificio está en marcha. Así o asinaron a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o presidente de Portos de Galicia, Álvarez Campana, e o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, asinaron un convenio para a súa edificación, nun acto no que tamén estivo presente a conselleira do Mar, Rosa Quintana. O centro construirase no porto polo que Portos de Galicia se compromete a impulsar os trámites precisos para ceder a parcela á Consellería de Sanidade. O Concello, pola súa parte terá que acadar os permisos oportunos e asumirá todos os gastos necesarios para dotar a parcela das infraestruturas necesarias, como accesos rodados e peonís, abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica, alumeado, telefonía, etc. A Comitiva da Xunta no Salón de Plenos - Foto: Marcos Rodríguez

Servizos

O Servizo Galego de Saúde destinará 1,5 millóns de euros á edificación do centro, cuxo plan funcional inclúe 4 consultas de medicina xeral; 4 de enfermería; 1 sala polivalente; 1 sala de toma de mostras; 1 sala de técnicas; 1 consulta de pediatría; e 1 consulta de enfermería pediátrica. A finalidade deste acordo é mellorar a cobertura asistencial da poboación de referencia, prestando especial atención aos requirimentos urxentes que poidan xurdir no eido do porto do municipio. O que non os ofrecen dende os organismos públicos son os prazos de execución do proxecto polo que non podemos avanzar cando comezará a funcionar o Centro.

Apuntes sobre o catálogo farmacéutico

De paso, Farjas defendeu medidas de xestión como a "racionalización do gasto farmacéutico que permiten un aforro que pode ser reinvestido en poñer a disposición dos cidadáns infraestruturas modernas, con capacidade de resolución de alto nivel de calidade e no lugar máis próximo ao paciente".

Novas relacionadas

Fonte

comentarios