Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corcubión acolle unha charla sobre a creación de Comunidades Enerxéticas

Comunidades Enerxeticas Corcubion
Corcubión acolle unha charla sobre a creación de Comunidades Enerxéticas

Este venres 1 de decembro, ás 19:30h, a sala Museo da Casa de Cultura de Corcubión acolle unha xornada de concienciación medioambiental artellada pola Comunidade Ecosocial Boca de Sapo. Mantendo os seus “principios de acción a construción e a concienciación dun mundo sostíbel”, a entidade organiza a I Xornada de Comunidades Enerxéticas, que terá como relator a Xosé Manuel Golpe Técnico en Enerxías renovábeis na Deputación provincial e pioneiro no impulso e creación de comunidades enerxéticas.

”Outro mundo mellor non só é posíbel senón que é urxente é necesario”, explican dende a entidade, asegurando seguirán afondando neste camiño.

Comentarios