xoves. 08.05.2025
El tiempo

Corcubión acolle unha exposición sobre a mudanza climático

Corcubión acolle unha exposición sobre a mudanza climático
Un dos modulos da exposicion sobre a mudanza climatica en Corcubion "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

A exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" xa está en Corcubión. Está exposta na Casa da Cultura de Corcubión ata o 1 de abril de 2013 e xa se pode achegar a disfrutala quen queira en horario de apertura da biblioteca municipal.

A expo trata o delicado asunto da mudanza climática e pretende concienciar a pequenos e maiores da establecer cambios de actitude, e hábitos de vida. A través de paneis informativos, unha documental audiovisual e varios módulos, trata de que a nosa cabeza lle dea un par de voltas ao posible mundo que lle deixamos aos nosos pequenos.

E precisamente os pequenos son uns dos obxectivos desta mostra, dos que máis se poden ver influenciados. E así o rubricaron os cativos do Colexio Praia de Quenxe, que acodiron a unha visita guiada cos organizadores da Xunta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios