venres. 09.05.2025
El tiempo

Viki Rivadulla explicará a súa Mostra ás Executivas de Galicia e espalla O seu Mar ata Malpica

Viki Rivadulla explicará a súa Mostra ás Executivas de Galicia e espalla O seu Mar ata Malpica
Imaxe-dunha-escultura-de-Viki-Rivadulla

Viki Rivadulla recibirá e daralle unha explicación persinalizada da súa mostra "O meu mar", ás Asociación de Executivas de Galicia. Así llo solicitaron, poñéndose en contacto a través do Diario Dixital Que pasa na Costa, do cal a Viki Rivadulla é colaboradora.

E así o fará este venres, 22 de marzo, ás 19:30 horas, cando terá lugar a visita guiada á mostra de pintura e escultura exposta no pazo da Cultura de Carballo. Viki poderá explicar o sentido salgado das súas obras, de como o mar penetrou na súa alma tan cedo que nunca máis marchou.

Unha obra que vai prolongar a súa presenza en Carballo ata o 7 de abril ; é unha mostra na que a presenza da muller é moi importante.

Na xornada do día 22, Viki Rivadulla reunirase coas mulleres desta asociación para comentar as súas obras e manter logo unha tertulia con elas. A xornada é aberta a tódalas persoas que queiran incorporarse á mesma.

A Mostra percorre a bisbarra

No mes de maio a mostra "O meu mar" viaxará ata Malpica.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla

Fonte

Comentarios