Corcubión comeza a elaborar o Plan de Igualdade
A Concellería de Servizos Sociais, benestar, familia, muller e igualdade do Concello de Corcubión, inicia a elaboración do II Plan de Igualdade de Oportunidade entre Mulleres e Homes, 2011-2016.
O proxecto está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, polo Fondo Social Europeo e polo Concello de Corcubión, e constituirá a ferramenta que oriente as políticas municipais en ámbitos como o educativo, laboral, erradicación de todo tipo de violencia de xénero, etc.
Así, a empresa que vai a realizar o traballo, DELOGA iniciará os contactos, neste mes de outubro, cos representantes políticos, tecido asociativo, profesionais e demais colectivos con presenza no municipio para presentar o proxecto e recoller información, inquedanzas, propostas etc, referidas ao mesmo.
Neste senso, se queren contactar coa empresa Deloga poden facelo a través do Concello de Corcubión (981 745 400) ou chamando directamente ao 981 910 206 ou enviando un correo a [email protected].
Novas relacionadas
- Novas clases de gaita, pandeireta e canto en Corcubión e Cee.
- Comeza o Ioga e o programa de Envellecemento activo en Corcubión.
- O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.
Fonte
- Nota de prensa da Concelleira Delegada do Concello de Corcubión, Manuela Fernández Louro.