Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comeza o Ioga en Corcubión

Comeza o Ioga en Corcubión

O Concello de Corcubión informa da incorporación da actividade de ioga para adultos na oferta deportiva para este inverno.
Volve así ao pabillón corcubionés esta arte milenaria, onde podererase aprender técnicas de atención, concentración, imaxinación, respiración, contol de músculos e articulacions, exercicios de relaxación...

Esta actividade dará comezo no mes de outubro e desenvolverase os martes e xoves de 20:00 a 21:00 no Pabillon Municipal Polideportivo.

As prazas seran limitadas, por orden de inscripción. As preinscripcións poderan facerse nas oficinas do Concello ou no Pabellón Polideportivo e tamen chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.

Envellecemento activo

Ademais, a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión, informa que o vindeiro 10 de outubro, dará comenzo o programa de "envellecemento activo" para maiores de 55 anos. A través de dito programa, subvencionado pola Deputación Provincial, se desenvolverán dúas actividades : Ioga e natación terapéutica.
Todas as persoas interesadas en participar, deberán dirixirse aos servizos sociais do Concello para proceder a inscrición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios