Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión lamenta o pasamento do Tuto

Corcubión lamenta o pasamento do Tuto
Tuto non fallaban a procesion de San Marcos-Foto-Marcos Rodriguez Tuto non fallaba nunca á procesión de San Marcos-Foto de Marcos Rodríguez de 2010 Tuto na Procesion das Mercedes de Corcubion-Foto-Marcos Rodriguez Tuto na Procesion das Mercedes de Corcubion-Foto-Marcos Rodriguez

Todos coñecemos a Tuto. Non importa que sexamos de Corcubión ou non. Porque Tuto representa ese persoeiro que todo veciño presume de coñecer. Ese home que está en todas partes, que non falla a unha soa festa, tanto á procesión como á sesión vermú. Ese que non falla a calquera acto cultural ou pleno. Ese que ten a cadeira reservada no bar.

A súa sordera e atrancada fala podía facerche pensar que non entendía ben. Pero nada máis lonxe da realidade. De feito, Tuto era coñecido como “O Periódico” porque estaba ao tanto de absolutamente todo o que pasaba na vila. Achegado ao PP local, Tuto era a singular voz de todo Corcubión.

Poucos recordan aqueles tempos da transición nos que as faces máis radicais do réxime o utilizaban como "corre ve y dile". Agora xa pasou a ser un veciño sen inimigos.

Jesús Ricardo Toba Coiradas pasaba dos 60 e nada facía pensar que a súa morte estaba preto. Pero esta mañá de luns sufría un ataque mentres paseaba polo Campo do Rollo, e caía fortemente batendo contra o chan, falecendo no momento.

Tuto, vivía con varios curmáns mestres, despois do pasamento da súa nai. Pero dende primeira hora da mañá ata boa entrada a noitiña, percorría as rúas e os bares corcubioneses sen faltar un só día á cita coa actualidade. De aí a sorpresa que colle a toda a vila de San Marcos, que estes días chora a perda dun persoeiro tan singular.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios